Presentación Vigolandia 2023

11/12/2023

O 11 de decembro tivo lugar na Alcaldía de Vigo a presentación da XIX Edición de VIGOLANDIA, o habitual salón de lecer navideño para o goce e diversión de toda a familia, presidida polo Alcalde de Vigo, D. Abel Caballero xunto có Director Xerente de IFEVI, D. Arsenio Prieto.

Entre as diversas actividades deste evento é de destacar nesta edición a instalación dun novidoso inchable de grandes dimensións e forma circular, “Evolution”, onde o público deberá superar probas de rocódromo, tobogán, rulos, zigzag, gincana, …   ademáis do inchable wipe-out de 70 metros, a ponte tibetana de 50 metros unida a unha grande tirolina de 53 metros, obradoiro de Mini Chefs, animacións musicais, maquillaxe, xogos, actividades deportivas, …. e o habitual Certame de Pintura “As luces de Vigo no Nadal” cunha participación de 40 centros escolares e preto de 5.000 debuxos.

 

VIGOLANDIA celébrase do 26 ao 30 de decembro no Instituto Feiral de Vigo có apoio e á colaboración de entidades como: O Concello de Vigo, IFEVI, Alcampo, Catering Galicia, Didicar, Grupo Radio Vigo, Federación Galega de Billar, Federación Galega de Tenis, Limpiezas Almi, Policía Local de Vigo, Riescontrol, AgruDeBam, Agrupación Deportiva Escolar Baixo Miño-Always TM, Montes de Vigo, SDE Group, Vodea – Voluntarios Asistencia Sanitaria, Ambulancias Rias Baixas e VeoVisión Soluciones IP.

 

O evento manterá as súas portas abertas ao público, o día 26 de decembro en horario de 16.00h a 20.00h e os días 27, 28, 29 e 30 de decembro en horario de 12.00h a 20.00h, ocupando unha superficie de  máis de 16.000 m2.  O prezo da entrada é de 6€.

 

VIGOLANDIA , como sempre, mantén o seu carácter benéfico, por iso disporá durante os cinco días da súa celebración dun “Punto de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros”.

Otra información de interés

Síguenos

pabellon 1